Concello de Sanxenxo - A Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias, SEMES Galicia, formará en reanimación cardiopulmonar e soporte vital básico a máis de 500 alumnos e alumnas do Concello de Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Estas xornadas de formación son a continuación da iniciativa que tivo lugar o curso pasado.

As xornadas van dirixidas ao alumnado da ESO dos centros educativos do concello e, no caso do IES Vilalonga, tamén 1º de Bacharelato e os 1º cursos dos Ciclos Formativos. Tendo en conta que esta iniciativa xa se levou a cabo o curso pasado tamén co alumando de 1º da ESO e coa continuidade do programa nos vindeiros anos, todo o alumnado terá as nocións básicas para recoñecer una parada cardiorespiratoria, alertar aos servizos de emerxencias e iniciar as manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP).

A actividade está sendo impartida por médicos, enfermeiros e técnicos de SEMES Galicia coa colaboración da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e a Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE). Este persoal trasladarase aos centros educativos de xeito que o xoves 25 as xornadas terán lugar no IES Vilalonga pola mañá e no Colexio Abrente pola tarde e o venres 26 pola mañá no IES Sanxenxo.

Nunha parada cardiorrespiratoria, cada minuto que pasa sen atención, o prognóstico de supervivencia diminúe un 10%. Os esforzos encamiñados a educar á poboación no recoñecemento dos síntomas e na activación precoz do sistema de emerxencias, xunto coa promoción do coñecemento da RCP entre as persoas que poderían intervir en primeiro lugar ante esta situación, é polo tanto clave para mellorar a supervivencia da parada cardiorrespiratoria.

O goberno quere agradecer a colaboración desinteresada do Obradoiro de Hostalaría do Salnés e do Hotel Vichona con estas xornadas.

0
0
0
s2sdefault