A contratación de persoal aumenta ata as 70 persoas.
O goberno fixo o ano pasado un esforzo orzamentario para contratar á maior parte dos socorristas durante tres meses, en lugar dos dous que viña sendo habitual.
Isto permitiu que por primeira vez 9 praias estivesen atendidas os 3 meses que van desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro. Agora, coa recuperación da bandeira azul en Panadeira, o número de socorristas contratados crece ata as 70 persoas.
As 9 praias que a partir de 15 de xuño contarán con servizo de vixilancia son:
• Areas.
• Silgar.
• Baltar.
• Canelas.
• Montalvo.
• Major.
• Foxos.
• A Lanzada - O Espiñeiro.
Ademais, unha embarcación do servizo tamén estará permanentemente, desde o 15 de xuño, no mar para vixiar todos e cada un dos areais do municipio e atender calquera incidente que suceda. E os socorristas recibirán formación teórica e práctica de traballo con moto náutica para posibles rescates acuáticos.
O Concello xa dispón dunha bolsa de contratación para a selección de persoal, pero para ampliala e poder contratar ás 70 persoas necesarias levará a cabo as probas o próximo 7 de xuño, ás 16.00 h., na praia de Silgar.