A Concellería de Deportes organiza o XVI Campus Polideportivo para os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria ata 4º de ESO do municipio que desexen desfrutar de novas experiencias e coñecer novas modalidades deportivas da man de monitores especializados.
As actividades levaranse a cabo no entorno da Praia de Baltar e divídense en:
- Actividades no medio natural.
- Actividades no medio acuático.
- Actividades na praia.
Haberá 3 quendas para a realización das actividades, 3 quincenas:
- Do 1 ao 12 de xullo.
- Do 15 ao 29 de xullo.
- Do 1 ao 14 de agosto.
En cada grupo poderán participar 60 rapaces e rapazas que se admitirán por rigoroso orde de inscrición. A partir do día 3 de xuño no Pazo Emilia Pardo Bazán presentando:
- Solicitude.
- Autorización familiar.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia do DNI.
O horario será de 10 a 13 horas e o prezo de 30€.