A Consellería de Infraestruturas, o Concello e a empresa que está a facer as obras decidiron que o mellor é interromper os traballos ata despois do verán para non prexudicar a actividade turística na tempada alta.
Os dous tramos máis grandes da Rúa Progreso estarán practicamente concluídos a final de mes, a falta de detalles de mobiliario e xardinería. Quedará pendente o tramo central e o mellor para non prexudicar a actividade comercial e hostaleira é pospoñer os traballos neste tramo ata despois do verán.
A rotonda da confluencia coa Rúa Castelao estará operativa a finais de mes de forma provisional, mentres que a da confluencia coa Avenida de Madrid non se construirá ata despois do verán. A parada de autobús da Rúa Progreso desprázase 100 metros ata a confluencia coa Rúa Carlos Casas.