A proposta do alcalde sobre as dedicacións parciais (7) e exclusivas (3) suma un total de 276.000€ anuais. Supón un incremento de 33.000€ sobre os 243.000€ do cuadripartito, que estaba composto por 9 concelleiros fronte aos 10 do novo goberno.
A proposta sobre a composición dos consellos de administración das tres empresas municipais e o Organismo Autónomo de Terra é a seguinte:
1.- CONSELLO DE TURISMO.
TELMO, MARCOS, PAULA, JUAN, MARÍA, AINHOA, CETS.
2.- CONSELLO DE NAUTA.
TELMO, PAULA, JUAN, ÓSCAR, FLAVIA, SUSO, SAURO (PATRÓN MAIOR).
3.- CONSELLO DE INSULA.
TELMO, PAULA, MARÍA, MARCOS, ÓSCAR, JAIME, SANDRA.
4.- O.A. TERRA SANXENXO.
TELMO, PAULA, PAZ, DANI, JUAN.
A asignación por asistencia dos concelleiros da oposición ás comisións informativas e aos plenos na pasada lexislatura era de 90,15€ en ambos os casos. A nova proposta sobe a asignación por comisión a 95€ e a 190€ no caso dos plenos.