O IMSERSO desenvolve o seu programa de turismo como un servizo complementario das prestacións do Sistema da Seguridade Social española, co obxectivo de proporcionar ás persoas maiores estancias en zonas de costa e turismo de interior, contribuíndo con iso a mellorar a súa calidade de vida, a súa saúde e a prevención da dependencia.
Por outra banda, co programa de turismo do IMSERSO contribúese ao mantemento do emprego e a actividade económica, paliando as consecuencias que en materia de emprego produce o fenómeno da estacionalidade no sector turístico do país.
As persoas que desexen participar no programa teñen que cumprir os seguintes requisitos:
- Ser maiores de 65 anos.
- Ser pensionista.
- Poder valerse por si mesmos e non padecer trastornos psico-físicos que puidesen alterar a convivencia.
- As persoas beneficiarias poden ir acompañadas polas súas parellas ou fillos.
O prazo para presentación de solicitudes termina o día 10 de xullo e as persoas interesadas poden acudir ao centro municipal de Servizos Sociais en Portonovo.