Concello de Sanxenxo - O GOBERNO REALIZA UNHA CONSULTA PÚBLICA PREVIA Á REDACCIÓN DA ORDENANZA DE TERRAZAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno de Sanxenxo traballa na redacción dunha ordenanza de terrazas na vía pública, co obxectivo de aprobala no próximo pleno do mes de novembro.

Previa á redacción dese documento, e en cumprimento do Procedemento Administrativo das Administracións Públicas, o goberno solicitará a opinión das persoas e das organizacións que desexen manifestarse afectadas especialmente pola futura norma.

Neste prazo de consultas serán 4 os puntos para comentar:

 

1. Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.

 

2. A necesidade e oportunidade da súa aprobación.

 

3. Os obxectivos da norma.

 

4. As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

 

O goberno local considera necesario elaborar esta ordenanza cun consenso entre todas as partes implicadas, contribuíndo á mellora do medio ambiente urbano, fomentando un adecuado uso dos espazos públicos. Por iso, o rexedor local ao longo do último ano mantivo diferentes reunións con representantes do sector da hostalería do municipio.

Para que non sexa unha imposición se non un froito do consenso entre ambas as partes, recibiranse as suxerencias oportunas ata o próximo 20 de setembro.

“Isto é un camiño común, e o goberno confía na boa vontade e na colaboración dos empresarios para cumprir e facer cumprir a lei. O lecer e o descanso deben estar garantidos en Sanxenxo e por iso estes dous termos teñen que estar conxugados da man”

 

Consulta Ordenanza Terrazas page 0001

 

0
0
0
s2sdefault