Concello de Sanxenxo - A CONCELLERÍA DE OBRAS E SERVIZOS VOLVE A REALIZAR BACHEOS EN PISTAS MUNICIPAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Antes do inicio do verán, a concellería de obras e servizos realizaba unha posta a punto das pistas rurais municipais. Esta semana, estas tarefas de acondicionamento repetiranse en máis de 15 pistas.

O plan de bacheo faise a través dun convenio subscrito coa Mancomunidade do Salnés, que facilita a maquinaria necesaria para executar estes traballos. Pola súa banda, o Concello achega o persoal e o material preciso.

Algunhas das pistas nas que se vai a actuar nesta ocasión son: 

 

  • Altamira.

  • Viliquín.

  • Avda. de León.

  • Aparcamento A lanzada.

  • Monte Faro.

  • Montalvo.

  • Arra.

  • Acceso praia Montalvo.

  • Etc.

O goberno solicita aos veciños e veciñas que dean parte á Concellería de Obras e Servizos daquelas fochancas que detecten nas estradas para así poder emendalos coa maior celeridade posible, incluíndoos na próxima actuación.

 

0
0
0
s2sdefault