Concello de Sanxenxo - SANXENXO OUTORGA UNHA CEBOLA DE OURO Ao CONSELLEIRO DE CULTURA E TURISMO ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo débelle moito ao Conselleiro de Cultura e Turismo, que, ata setembro de 2018, foi Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Como tal, tivo un papel fundamental para que as obras do novo colexio de Vilalonga vaian iniciar proximamente.

Un proxecto polo que os veciños de Sanxenxo levabamos máis dunha década esperando. Coa entrega dunha Cebola de Ouro o Concello quere demostrarlle ao conselleiro o seu agradecemento por facer realidade o novo colexio.

En xuño de 2017 Telmo Martin, xa como alcalde, tivo a primeira reunión co entón conselleiro de educación e tal foi a súa receptividade e comprensión que só uns meses despois o orzamento da Xunta de 2018 incluía unha partida específica de máis de 4 millóns de euros para a construción do novo colexio.

Meses despois, o conselleiro seguiu demostrando que o compromiso co colexio non era só de palabra, senón que era unha decisión firme que se concretaría con novos pasos. Así, a conselleria a pedimento do Alcalde revisou o proxecto estándar, para melloralo e proba diso é que a licitación finalmente ascendeu a máis de 5 millóns de euros.

Román Rodríguez González naceu en Ou Vento, Lalín, en 1968. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela con premio extraordinario. Doutor en Xeografía e foi profesor na Universidade de León e é profesor titular do Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.

Autor dunha ducia de libros e coautor doutras case vinte publicacións da súa especialidade. Foi galardoado, ademais, co Premio da Crítica de Galicia (2000), no campo da investigación.

En 1999 foi elixido concelleiro polo PP en Lalín e nas eleccións de 2009 obtivo acta como deputado autonómico para ser designado posteriormente viceportavoz do Grupo Popular e portavoz nos campos de Educación, Urbanismo e Ordenación do Territorio.

Desde febreiro do 2015 ata setembro de 2018 foi Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. E desde ese momento ata a data é Conselleiro de Cultura e Turismo.

 

0
0
0
s2sdefault