Concello de Sanxenxo - A CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE COMEZA A SINALIZAR A RUTA DOS CARBALLOS DE ALDARÍZ.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Concellería de medio ambiente investirá un total de 11.300€, no acondicionamento e mellora da ruta dos Carballos de Aldaríz.

Co obxectivo de poñer en valor os elementos de gran valor cultural, etnográfico e histórico que temos no noso concello, o goberno local levará a cabo esta actuación que será financiada a través dunha subvención de rehabilitación e sinalización de patrimonio da Deputación de Pontevedra. 

Fai 19 anos que se creou por primeira vez a Ruta dos Carballos de Allariz. Dende ese momento ata hoxe o mantemento foi inexistente, por iso atópase sen sinalización e cos elementos totalmente deteriorados.

Esta ruta recorre as parroquias de Padriñán e de Bordóns, e conecta camiños que discorren por importantes puntos do noso patrimonio histórico, artístico e cultural. De feito, algún destes lugares figuran no inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia, como é o caso do Con da Ventureira, igrexa de Bordóns e os muíños e lavadoiro de Bordóns.

Con esta actuación sinalizarase este camiño por onde discorría a antiga ruta, con postes direccionais, frechas indicadoras, paneis informativos e mesas interpretativas dos bens polos que discorre o sendeiro. Para iso instalaranse: 

 

  • 37 postes de madeira redondos indicando o camiño.

  • 7 postes con frechas indicativas de dirección.

  • 3 paneis informativos de 142X85 cm, que se situarán no inicio, no medio e no final da ruta. Estes paneis conterán os principais datos da ruta (esbozo, punto no que nos atopamos, descrición do camiño e reseñas dos principais elementos culturais, antropolóxicos e arquitectónicos que nos vamos a atopar ao longo da ruta).

  • 3 mesas interpretativas de 100X52 cm. Cada mesa terá unha temática diferente, en función do elemento cultural ou patrimonial a destacar: O Con da Ventureira, Igrexa de San Pedro de Bordóns, e Muíños e lavadoiro de Bordóns.

As rutas peonís e de sendeirismo non se limitan exclusivamente ao litoral. No interior das 7 parroquias, hai espazos tan atractivos como esta ruta dos Carballos de 6 KM, que se inicia en Padriñán e conclúe en Bordóns. A ruta de río Fabaiños de 4,7 km dende Portonovo a Noalla e na que se está traballando para conseguir as cesións necesarias que permitan crear un amplo paseo por ese entorno natural e a ruta dos muíños en Dorrón de 4,5 Km que combina a paisaxe verde, con muíños rehabilitados y las vistas sobre la ría.    

Ademais das rutas, Sanxenxo ten 6 sendeiros recoñecidos co distintivo azul de ADEAC, que suman 24.350m ao longo do litoral da ría de Pontevedra: 

 

  • Areas – Punta Festiñanzo                             1.480 m 

  • Sanxenxo – Portonovo                                 8.610 m

  • Canelas – Punta Cabiscastro                     3.450 m

  • Paxariñas – Montalvo                                   1.330 m

  • Montalvo – Major                                           6.450 m

  • Sendero mágico A Lanzada                      3.030 m

 

SUMA                                                                                 24.350 m

 

 

0
0
0
s2sdefault