Concello de Sanxenxo - O GOBERNO PERFILA AS MEDIDAS FISCAIS PARA AXUDAR AOS SECTORES AFECTADOS POLO CORONAVIRUS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno avanza na definición das medidas de axuda para os sectores económicos e as familias de Sanxenxo. A intención é telas preparadas para aprobalas no primeiro Pleno que sexa posible convocar.
Os negocios e autónomos que queiran beneficiarse das medidas fiscais deberán cumprir, ademais dos requisitos habituais, que a súa actividade se vise afectada pola paralización decretada polos gobernos autonómico e central.
As medidas que vai aprobar o goberno:

Exención total da taxa de terrazas a bares, cafetarías e restaurantes. En Sanxenxo hai 122 establecementos de hostalaría que dispoñen de terraza.

• Exención de 50% da taxa de lixo de 2020
Poderanse beneficiar desta bonificación as familias nas que algún dos seus membros quedouse en paro ou os seus ingresos reducíronse.
Ademais dos 1032 establecementos ou negocios que se viron obrigados a pechar polo decreto de “estado de alarma”:
o 234 hoteis, hostais, aparta hoteis, pensións e casas rurais
o 234 restaurantes, cafetarías e bares
o 291 comercios
o 107 cristalerías, electrodomésticos, materiais de construción.
o 78 axencias de viaxes, inmobiliarias, xestorías.
o 43 barbarías
o 22 gardarías e academias.
o 23 café bar (pub)
As exencións non son excluíntes, por tanto, haberá negocios e autónomos que poderán beneficiarse das dúas medidas. Hai locais que non son propiedade do titular do negocio e, por tanto, o goberno esixirá que para que o propietario póidase beneficiar da exención da taxa de lixo esta terase que repercutir no inquilino.

En resumo, ben sexa pola paralización da actividade ou por quedarse en paro o Concello calcula que máis de 2.000 familias poderán beneficiarse das exencións. O goberno non descarta novas medidas en función da evolución da crise.

0
0
0
s2sdefault