Concello de Sanxenxo - TURISMO DE SANXENXO PON EN MARCHA UN CONCURSO FOTOGRÁFICO EN REDES SOCIAIS CO HASHTAG #VOLVEREMOSASANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Turismo de Sanxenxo puxo en marcha nas súas redes sociais un concurso fotográfico no que convida a veciños e visitantes a compartir fotografías con experiencias vividas en Sanxenxo baixo o hashtag #VolveremosASanxenxo. Entre todos os participantes crearase unha rede de bos recordos en Sanxenxo.

No concurso poderán participar todas as persoas que nos seus arquivos teñan fotos para compartir con Turismo de Sanxenxo e poderanas subir até o 26 de abril. As persoas que participen no concurso, ademais de compartir as súas fotos nas redes, deberán mandar unha mensaxe directa co seu nome completo, dirección postal e número de teléfono.

Cando acabe o estado de alarma un xurado elixirá a foto gañadora, o seu autor será premiado cun bono degustación para dúas persoas nun restaurante de Sanxenxo. Así mesmo, a foto que máis me gustas obteña en redes sociais, obterá tamén un bono degustación para dúas persoas nun restaurante de Sanxenxo.

Os participantes deberán subir unha foto co hashtag #VolveremosASanxenxo a Facebook, Twitter ou Instagram. Só poderase subir unha foto por persoa. E os dereitos das fotos compartidas durante a campaña serán cedidos a Turismo de Sanxenxo.

 

0
0
0
s2sdefault