Concello de Sanxenxo - MARTÍN PROPÓN Á DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A CREACIÓN DE UN PLAN DE AXUDAS Ó SECTOR TURÍSTICO PARA 2021
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os prazos de desescalada marcados polo goberno de España para o sector turístico da provincia de Pontevedra e concretamente para Sanxenxo obrigará a sumar ás oito semanas de peche total, a limitación de aforamentos que van do 30 ao 50% segundo a fase. Unhas limitacións que redundarán na redución da viabilidade económica dun sector golpeado de forma especial nesta crise.

Ante este panorama, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, expuxo onte á presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante unha videoconferencia mantida cos concellos de menos de 20.000 habitantes a posibilidade de que se habilite un plan de axudas excepcional para todos os concellos turísticos da provincia de Pontevedra tanto de costa como de interior similar ao Plan Concellos. Trátase dunha medida extraordinaria pola grave crise provocada polo Covid 19 e que permitiría impulsar un sector estratéxico da provincia e do que só en Sanxenxo viven máis de 3.000 familias. "Sempre fun un gran defensor do Plan Concellos e creo que sería positivo optar por esta mesma fórmula para inxectar liquidez ao sector turístico ou crear unha partida especial no Plan para amortecer as graves perdas que está sufrir un sector crave na nosa economía", expuxo Martín.

O goberno local de Sanxenxo entende que, aínda que a partir da fase 1 permítese a apertura de establecementos e no que resta de ano prevese unha mellora da situación, o impacto económico no sector turístico vai ser moi importante. Por este motivo, o alcalde considera que, "máis alá dás estratexias de promoción", é preciso dotar dunha partida económica a estes concellos que poida reverter directamente nos establecementos turísticos.

0
0
0
s2sdefault