Concello de Sanxenxo - SANXENXO ADAPTARÁ AS SÚAS FESTAS Á SITUACIÓN SANITARIA, MANTENDO UNHA PARTE DA PROGRAMACIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo non suspenderá as festas de San Roque, San Xinés e Santa Rosalía que promove o Concello e tampouco o resto que se celebran nas parroquias nas que colabora coas comisións de festas.
O que fai o goberno é reformularse que actividades do programa de festas habitual é posible manter e cales non queda máis remedio que suspender para non pór en risco a saúde de ninguén.
É evidente que hai que suspender as actividades e eventos que levan grandes aglomeracións de público en espazos que non son suficientemente amplos. Por iso este ano non será posible a celebración de verbenas de orquestras e grandes concertos, as atraccións de lecer en San Roque, San Xinés e Santa Rosalía, San Pedro e A Nosa Señora da Lanzada e as sardiñadas, así como o resto das festas gastronómicas.
O que si se vai a manter, aplicando loxicamente as medidas de seguridade sanitaria, 2 metros de distancia de separación e o control do aforamento, son os pasacalles e charangas, as misas e as procesións e os pequenos concertos en espazos acoutados, con aforamento limitado e con cadeiras gardando a distancia de seguridade,
A intención do goberno é que se poida celebrar A Feira dá Cebola coas estritas medidas de seguridade que se aplican no mercadillo, control de aforamento, ampla separación dos postos de venda e entrada e saída por rúas distintas.

0
0
0
s2sdefault