Concello de Sanxenxo - CIM E CENTROS EDUCATIVOS ACORDAN INICIAR A FORMACIÓN AFECTIVO SEXUAL EN OUTUBRO CON SEIS SESIÓNS POR CLASE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A formación afectivo sexual chegará o próximo mes de outubro aos distintos niveis dos centros educativos do municipio. Así o acordaron as direccións dos colexios e institutos de Sanxenxo nunha reunión mantida co concelleiro de Igualdade, Daniel Arousa, e a psicóloga do CIM, na que se deu conta da programación prevista para o próximo curso.
Para estudantes de 5º de Educación Primaria e 1º da ESO, a programación traballará contidos sobre identidade sexual e roles de xénero, diversidade sexual e nas familias, igualdade de oportunidades entre sexos, habilidades sociais e comunicación asertiva e afectividad na sexualidade.
 
A formación adaptarase a cada centro e estará aberta a cambios que se propoñan desde o profesorado con seis sesións por clase de 5º de Primaria e 1º da ESO. "Vos contidos non serán ríxidos, adaptámonos a cada cole, as súas necesidades e ou perfil de cada neno. É unha programación moi flexible", explica o concelleiro de Igualdade.
 
O CIM propón este ano novidades na súa programación como a "Guía de novas masculinidades" dirixida aos estudantes de educación obrigatoria do IES de Sanxenxo, IES Vilalonga e colexio Abrente e que se repartirá polos centros participantes. A nova proposta substituirá ao concurso de curtos contra a violencia de xénero que se realizaba dentro da formación en igualdade e prevención.
 
As Mochilas Viaxeiras de Igualdade chegan tamén con material renovado para o próximo para estudantes de 1º de Primaria. Incluirase material de apoio e visibilización da diversidade nas familias, así como da identidade e diversidade sexual. Unha proposta que tivo unha gran acollida entre as direccións dos centros educativos que mesmo propuxeron estender a toda a etapa de primaria a formación poder tratar o tema con máis amplitude e adaptar as distintas temáticas ás distintas idades.
 
O Centro de Información á Muller que se encarga desta formación ten prevista a formación telemática no caso de que sexa necesario para o próximo curso. "Estamos convencidos de que esta formación é necesaria e imprescindible para acadar a igualdade e superar vos estereotipos sexuais dende as idades máis novas", asegura Arousa.
 
0
0
0
s2sdefault