Concello de Sanxenxo - O PARQUE DE PUNTA VICAÑO AMPLIARASE COA DOTACIÓN DUN NOVO XOGO DE REDE CON TOBOGÁN ANTES DE FINAL DE ANO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A estrutura lúdica foi adxudicada a HPC Ibérica por 49.893 euros que será financiada ao 70% pola Xunta de Galicia e o 30% polo Concello

O parque de Punta Vicaño ampliarase antes de que acabe ano cun novo xogo de rede con tobogán. A estrutura lúdica foi adxudicada a HPC Ibérica por 49.893 euros, un prezo lixeiramente inferior ao de licitación, e será financiada ao 70% pola Xunta de Galicia e ao 30% polo Concello.

A estrutura permitirá aos nenos maiores de seis anos estar en contacto coa natureza, practicar exercicio e traballar a coordinación, o equilibrio e a seguridade. A nova peza de xogo combinará unha estrutura de rede escaladora con tobogán e unha base con céspede artificial sintético de 94 metros cadrados.

Esta actuación completará as últimas obras de mellora executadas no parque de Punta Vicaño e que contaron cunha subvención de 88.298 euros do Fondo de Compensación Ambiental dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Concretamente, un total de 48.301 euros destináronse á mellora do carreiro principal do parque e a construción dun estanque con plantas acuáticas que, ademais de embelecer a contorna, fomenta a presenza de paxaros na zona. Outros 39.997 euros utilizáronse para mellorar o carreiro que circunvala a marxe esquerda do parque e a instalación dunha rede eléctrica con luminarias en ambos os camiños. Ademais, realizouse a plantación de máis dun centenar de árbores de distintas especies para reforzar a beleza do espazo.

O goberno local aposta pola mellora do pulmón verde do centro urbano, que conta habitualmente con numeroso público tanto pola súa situación estratéxica como polas súas posibilidades deportivas e lúdicas.

0
0
0
s2sdefault