Case 40.000 euros de facturación e máis de 11.000 vehículos elixiron o parking Nauta Sanxenxo para estacionar durante o pasado mes de setembro. Os días con maiores ingresos coinciden cos fins de semana das festas patronais, os días 5 e 6, con case 5.000 euros. A cifra é inferior á rexistrada no mesmo período do ano pasado cando a facturación ascendeu a 65.626 euros. Un factor a ter en conta neste índice é a dotación de 535 novas prazas de aparcadoiro disuasorio no centro da vila desde mediados de xullo que o goberno local puxo en marcha de forma totalmente gratuíta.
A maioría dos vehículos elixiron a zona interior do estacionamento, 11.621, fronte aos 624 que optaron polo exterior, na Praza do Mar. Con todo, a estancia media incrementouse até as dúas horas e media respecto ao ano pasado, unha hora máis que en setembro de 2019.
En canto á facturación por quincenas, a primeira como xa é habitual mellora con diferenza á segunda coincidindo ademais cunha maior afluencia de visitantes e os períodos vacacionais. Durante a primeira, emitíronse 7.922 tickets e ingresáronse 29.365 euros fronte á segunda na que se expediron 3.699 e facturáronse 10.202 euros.