Concello de Sanxenxo - O RÍO BALTAR XA LOCE O NOVO VALADO PERIMETRAL AO LONGO DE CASE UN QUILÓMETRO DE LONXITUDE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O río Baltar loce xa un novo valado perimetral ao longo de case un quilómetro de lonxitude. Unha obra que tivo un custo de 39.997 euros, financiado ao 80% polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia e o 20% polo Concello de Sanxenxo.

Os traballos permitiron mellorar a seguridade na contorna do río Baltar xa que, ademais da renovación de parte do valado que se atopaba en moi mal estado con partes rotas co consecuente risco de caída de viandantes, ampliouse prolongándose ao longo da canle.

O valado combina dous materiais, madeira natural e madeira tecnolóxica, de maior resistencia e duración. O resultado ademais de achegar seguridade, embelece a contorna fluvial.

0
0
0
s2sdefault