Concello de Sanxenxo - NAUTA SACARÁ O LUNS A LICITACIÓN A REXENERACIÓN DA PRAIA DA CARABUXEIRA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os traballos sairán a concurso por 143.270 euros e cun prazo de execución de 90 días laborables

Nauta porá en marcha este luns a licitación da rexeneración da praia da Carabuxeira. O alcalde, Telmo Martín, deu a orde de activar o proceso unha vez recibida a media mañá do venres a autorización de Costas para realizar os traballos. A recuperación da contorna do areal sairá a concurso por 143.270 euros e cun prazo de execución de 90 días laborables.

Os traballos consistirán no dragado e bombeo da area existente na contorna e o seu recheo en 70 metros lineais de xeotubos téxtiles que conterán o árido na praia. A solución chega despois de máis de dous anos e medio de reunións de traballo entre as tres administracións competentes no espazo: Concello, Portos e Costas.

Tras unha ardua tramitación, o primeiro achegue de area con carácter inmediato será de 10.000 metros cúbicos procedente da zona mergullada do propia fronte de praia. Para poder fixala faise necesaria a colocación de parte desta area dentro de xeotextiles de apoio construtivo para garantir a contención do material. Pola dificultade do enclave, con numerosos baixos na zona e un sedimento repartido entre eles, calcúlanse uns bombeos de area diario de 300 metros cúbicos. Por iso, incluíndo os traballos de mobilización e desmovilización dos equipos, estímase un prazo de execución dos traballos de 90 días.

O proxecto definitivo de rexeneración da Carabuxeira e Lavapanos contempla a achega de 14.000 metros cúbicos máis de area, pero ademais inclúe a construción dun dique para evitar a súa futura perda. Mentres se avanza nesta primeira fase, o Concello e Costas ultiman xa na redacción dun convenio para a creación dun paseo marítimo entre Panadeira, Lavapanos e A Carabuxeira que permitirá o tránsito peonil e o goce deste tramo de costa urbana.

0
0
0
s2sdefault