Concello de Sanxenxo - O NOVO XOGO DE REDE CON TOBOGÁN XA ESTÁ INSTALADO NO PARQUE DE PUNTA VICAÑO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O parque de Punta Vicaño conta xa cun novo xogo de rede con tobogán, listo para o seu uso cando se levanten as restricións sanitarias e se reabran os espazos de xogo infantís no municipio. A estrutura permitirá aos maiores de seis anos estar en contacto coa natureza, practicar exercicio e traballar a coordinación, o equilibrio e a seguridade. O xogo combina unha estrutura de rede escaladora con tobogán e unha base con céspede artificial sintético de 94 m2. A estrutura lúdica supuxo un investimento de 49.893 euros, financiada ao 70% pola Xunta e ao 30% do Concello.
 
Con esta dotación na zona de xogo infantil búscase responder á demanda dun parque con gran afluencia de público e completa as últimas obras de mellora executadas en Punta Vicaño que contaron cun investimento de 88.298 euros do Fondo de Compensación Ambiental dependente da Vicepresidencia da Xunta. Concretamente, un total de 48.301 euros destináronse á mellora do sendeiro principal do parque e a construción dun estanque con plantas acuáticas que, ademais de embelecer a contorna, fomenta a presenza de paxaros na zona. Outros 39.997 euros utilizáronse para mellorar o carreiro que circunvala a marxe esquerda do parque e a instalación dunha rede eléctrica con luminarias en ambos os camiños.
 
0
0
0
s2sdefault