Concello de Sanxenxo - SANXENXO, POIO E ACUAES ASINARÁN UN CONVENIO PARA MELLORAR A REDE DE SANEAMENTO E A DEPURADORA DE PAXARIÑAS VALORADO EN 16 MILLÓNS DE EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
O 50% do convenio financiarase con fondos europeos, o resto achegarano os concellos nunhas condicións moi favorables, 25 anos e a un interese moi baixo
 
A boa colaboración entre os concellos de Poio, Sanxenxo e a sociedade estatal Acuaes derivou nun convenio que marcará un antes e un despois no tratamento das augas residuais de ambos os concellos, resolvendo vellos problemas como o tratamento das augas de Raxó en Poio e a mellora da depuradora de Paxariñas en Sanxenxo.
 
A calidade das augas da ría de Pontevedra será a gran beneficiada por este acordo histórico entre Poio e Sanxenxo que demostrou que o interese xeral, o respecto institucional e as excelentes relacións entre ambos concellos están por encima da cor política dos seus gobernos.    
 
O proxecto divídese en 2 fases, en función da prioridade das obras a realizar e suporá un investimento que os técnicos de Acuaes valoran en 16 millóns de euros. O 50% do investimento financiarase con fondos europeos procedentes do Programa Plurirregional 2014-2020. O outro 50% asumirano Poio e Sanxenxo en función das melloras realizadas en cada un dos concellos.  
 
Ao finalizar as obras, uns 3 anos despois da súa adxudicación, os concellos terán que abonar só o 10% do total, o outro 40% adiántao Acuaes, organismo ao que hai que devolverllo en 25 anos nunhas condicións moi favorables e uns intereses moi baixos. "É un convenio histórico que demostra a capacidade de diálogo e acordo entre Poio e Sanxenxo. As melloras previstas en Sanxenxo máis as que realizará a nova concesionaria da auga colocaranos no clube da excelencia do abastecemento e a depuración de augas", asegura o alcalde de Sanxenxo.  
          
ACTUACIÓNS INCLUÍDAS DENTRO DO CONVENIO
 
FASE 1
  • Depuradora de Paxariñas máis dunha terceira parte do investimento destinarase á mellora e ampliación desta depuradora. Case poderiamos falar dunha nova EDAR xa que implica a súa ampliación en 8.000 m2 lindeiros, a incorporación de novos sistemas que permitirán aforro enerxético, un sistema de desodorización para evitar os malos cheiros e un importante aumento da capacidade de tratamento que se duplicará, o que permitirá dar servizo a unha poboación de 100.000 habitantes. Outra actuación de gran calado é a execución do novo emisario submarino de 1.300 metros de lonxitude e 630 milímetros de diámetro. Mantense o tramo terrestre do emisario xa que a súa capacidade é suficiente ao ser o seu diámetro de 630 milímetros.
  •  Novo bombeo Areas con capacidade para 90 litros / segundo que permitirá atender esa zona de Dorrón e os 35 litros / segundo que achegará o bombeo que se construirá en Raxó e que dará servizo ás vivendas da Granxa de abaixo
  •  Mellora do bombeo de Sanxenxo, aumenta a súa capacidade de 150 litros / segundo a 200 litros. A mellora inclúe trituradores para o desbaste dos residuos e un sistema de desodorización para reducir os malos cheiros. 
  •  Mellora bombeo de O Espiñeiro, Portonovo incrementa a súa capacidade dos 250 litros / segundo a 400 litros. Incorpora un sistema de trituradores para o desbaste e desodorización para os malos cheiros. 
  • Nova tubaxe de impulsión entre Areas e Nanín.
  • Substitución do colector xeral entre Palacios e Sanxenxo por un de 1.000 milímetros 
  • Substitución do colector xeral de Portonovo por unha tubaxe de 1.000 milímetros 
 
FASE 2 
  • Substitución do colector xeral da Rúa Madrid en Sanxenxo incrementando o seu diámetro de 600 a 1.000 milímetros.
  • Adecuación da estación de bombeo e impulsión de Laño (Poio)  
 
0
0
0
s2sdefault