Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RETIRA O SEGMENTO DA CUADRÍCULA LARANXA DA PRAIA DE SILGAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A empresa instaladora das cuadrículas de Silgar retiraron este luns as estacas e cordas laranxas, as únicas que se mantiñan no areal desde o pasado mes de setembro como símbolo de seguridade sanitaria do municipio. Un centenar de estacas e varios metros de corda que o Concello utilizará, como xa está a facer co resto das xa retiradas, para a protección de dunas e para a demarcación de sendeiros.
O goberno considera que este verán non será necesaria a súa utilización xa que co proceso de vacinación xa moi avanzado e co nivel de inmunizados tras contraer a enfermidade, a situación sanitaria mellorará considerablemente. De todos xeitos, tanto Silgar como o resto de areais do municipio darán este verán un novo salto cualitativo en canto aos servizos e medidas de seguridade sanitaria. A limpeza nos baños das praias manterase coa mesma intensidade que o verán pasado, cada hora e media, e un control exhaustivo por parte da empresa encargada. Coñecerase ademais o nivel de ocupación das praias que conten con bandeira azul.
 
 
0
0
0
s2sdefault