Concello de Sanxenxo - SILVA PON A ACTUACIÓN DE HUMANIZACIÓN DO SANTO COMO "EXEMPLO NA PROVINCIA"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
O alcalde destaca "valor patrimonial" do espazo e a conversión dun viario nunha "gran praza pública"
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitaron a execución das obras de humanización do Santo. Unha actuación que converte un viario nun espazo de convivencia con preferencia peonil e pon en valor a contorna da capela de San Xoán, con elementos con máis de 400 anos de antigüidade. No percorrido estiveron acompañados por veciños do lugar, varios membros do goberno e portavoces da oposición.
O alcalde destacou a boa disposición dos veciños para poder levar a cabo a transformación da contorna e incidiu en que o resultado "é unha boa mostra dá boa colaboración de ambas as administracións". A actuación que ascendeu a 210.282 euros será financiada co Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Martín definiu o novo espazo como unha "gran praza, aínda que teña que convivir nalgún momento con coches" e pediu a colaboración dos veciños para estender "o salón sa súa casa" á vía pública. Martín destacou a contorna da capela e os carballos centenarios que se sitúan nun dos laterais do espazo.
Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra mostrouse "encantada" co resultado da actuación. "Trátase dunha gran obra que hai que poñer como exemplo na provincia de como se muda ou espazo urbán. Antes isto era unha estrada, cunha capela que nin sequera tinga unha gran visibilidade, pero hoxe non só recuperamos o espazo senón que o poñemos en valor", sinalou.
Silva asegura que o alcalde se vai a atopar agora "cun problema" porque van ser moitos os veciños que demanden unha actuación así nos seus núcleos de poboación e incidiu en que "iso é ou mellor que nos pode pasar". "Síntome moi feliz por vir ata aquí porque creo que a provincia se está convertido en modelo doutra mobilidade, segura e pensada para as persoas. E isto non sería posible se non contaramos coa empatía dos alcaldes", dixo.
A actuación substituíu o asfalto por pavimento con laxas de granito e incluíu melloras no ámbito do saneamento, coa dotación dunha nova rede de recollida de pluviais e dun colector. En canto á iluminación pública, instalouse unha nova canalización eléctrica e substituíronse os vellos farois por unhas novas de aceiro corten, con lámpadas led para mellorar a eficiencia enerxética. Respecto ao mobiliario urbano, instaláronse bancos de pedra e madeira para favorecer a convivencia veciñal. Ademais, reforzouse o arbolado do espazo formado por carballos centenarios con tres oliveiras.
0
0
0
s2sdefault