Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 293 ALUMNOS E ALUMNAS DE INFANTIL E PRIMARIA INICIAN MAÑÁ O CURSO NO CEIP DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
As obras continuarán no centro educativo fóra do horario escolar
 
Un total de 293 alumnos e alumnas de Infantil e Primaria inician mañá o curso no CEIP de Portonovo. Farano de forma gradual para cumprir co protocolo Covid e por entradas e saídas diferentes. As obras de reforma integral que se están acometendo no centro obrigaron a atrasar cinco días o inicio das clases que se retomarán mañá cun plan para garantir a seguridade. Durante o transcurso das clases e o comedor, os traballos centraranse no ximnasio e vestiarios do centro onde están a traballar xa na cuberta e mellora da iluminación, así como no cambio de ventás. 
 
No edificio principal onde están as aulas quedan pendentes o cambio dalgunhas ventás da entrada e tramos de falso teito, a espera da chegada do material, pero concluiranse fóra do horario escolar e do comedor, sen que isto supoña un trastorno para o desenvolvemento normal das clases. O patio e a zona de provisión de material e de obras exterior quedarán valados.
 
O proxecto de reforma, próximo ao millón de euros e financiado pola Consellería de Educación, inclúe a renovación de todas as ventás e persianas do centro, a substitución de todas as cubertas, a colocación do falso teito e a instalación de novas luminarias nas aulas tipo led con aceso e baixada de intensidade intelixente. Ademais, do pulido do chan de baldosa de todo o centro e a instalación dun novo chan máis confortable de vinilo nas aulas de Infantil que ademais reducirán os golpes por caídas. Para mellorar a imaxe das aulas realizouse un pintado xeral de portas e paredes do centro. 
 
 
 
 
 
 
 
0
0
0
s2sdefault