O concelleiro de Servizos Sociais, Deportes e Xuventude, Daniel Arosa,visitou esta mañá o colexio de Portonovo onde deu comezo a actividade impulsada dende o Centro de Información á Muller, “Educación afectiva sexual contra a violencia de xénero”. As sesións formativas terán lugar nos 7 CEIP e nos 3 centros de Educación Secundaria.A actividade está subvencionada pola Deputación de Pontevedra, ao abeiro da convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra, para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención de violencia de xénero para o ano 2021.
Este proxecto vai dirixido a alumnado de 5º de primaria e 1º ESO, e abordarase información educativa sobre a educación afectivo sexual, impartida por dous axentes de igualdade.Un dos obxectivos fundamentais é proporcionar información sobre a sexualidade de forma real e axeitada, coa sensibilidade precisa e adaptada as idades as que vai dirixida a actividade.
De igual forma, conéctase coa prevención da violencia de xénero, no sentido da necesidade dunha educación afectivo sexual onde se promovan os valores de Igualdade, respeto entre iguais e o rexeitamento total das desigualdades que poidan ter lugar no ámbito da parella, e que poidan desembocar no futuro en distintas manifestacions da violencia de xénero. Desta forma incidirase na desmitificación do amor romántico, dos celos e control na parella, co obxectivo fundamental de promover relacións saudables e equitativas baseadas no respecto mutuo e na Igualdade de oportunidades.
As accións formativas extenderanseaproximadamente ata o vindeiro mes de decembro.