Concello de Sanxenxo - UN ATASCO NO COLECTOR SITUADO NO RECINTO DO PAC DE BALTAR PROVOCOU O DESBORDAMENTO DE FECAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
Os traballos de desobstrucción quedarán concluídos esta mesma tarde
 
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, acudiu esta mañá ao PAC de Baltar xunto ao director de Recursos Económicos da área Sanitaria, Vicente García, tras o desbordamento de augas fecais rexistrado esta fin de semana no centro de saúde. Técnicos do propio Sergas e da concesionaria de saneamento municipal acudiron xa o luns pola mañá para detectar a causa que se atopa nos colectores situados no recinto exterior do propio ambulatorio.  
 
Os traballos de desobstrución da tubaxe xa deron comezo esta mesma mañá coa retirada de luvas de plástico, gasas, panos, máscaras... que non permitían a circulación da auga e provocou que desbordase nun dos puntos máis baixos do edificio, o cuarto de limpeza da PAC, anegando a sala de espera da zona de urxencias.
 
A concesionaria municipal Espina y Delfín colaborará cun dos seus camións para acelerar os traballos que se prevé que conclúan esta mesma tarde. Ademais, será preciso que a Consellería acometa uns traballos de mellora nas instalacións de saneamento que xa estaban previstas e orzadas, segundo explicou o director de Recursos Económicos, Vicente García. 
 
Obras de mellora
Durante este trimestre realizaranse distintas actuacións de obras de mellora como a cuberta máis antiga, pintado interior de distintas zonas, vernizado do chan na zona de Pediatría e melloras nas zonas de traballo de PSX e radioloxía. O investimento de todas estas actuacións é superior aos 60.000 euros.
 
Ademais, a Consellería de Sanidade acaba de concluír no centro de saúde de Baltas o proceso de modernización da súa radioloxía coa dotación dun sistema de detector dixital. Un sistema de detector dixital que permite realizar probas diagnósticas con menos radiación ao paciente e cunha mellora substancial da calidade da imaxe radiolóxica. Con esta actuación, complétase o proceso de incorporación da radioloxía dixital na Atención Primaria da área.
 
0
0
0
s2sdefault