Concello de Sanxenxo - CONCLÚE A RENOVACIÓN DA CUBERTA DO XIMNASIO E DO PATIO NO COLEXIO DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os escolares do centro educativo retomaron esta semana as clases de Educación Física no interior do pavillón
 
Os escolares do colexio de Portonovo retomaron esta mesma semana as clases de Educación Física no interior do pavillón, unha vez concluída a renovación da cuberta e dunha profunda limpeza das instalacións. As obras financiadas pola Consellería de Educación e que roldan o millón de euros están a piques de culminar á espera de pequenas melloras, incluídas no remate da actuación.
 
O alcalde, Telmo Martín, acompañado das concelleiras de Planificación Territorial, María Deza, e de Educación, Paz Lago, o director do centro, José Currás, e o encargado da empresa adxudicataria supervisaron os traballos realizados. Durante varias semanas e por motivos de seguridade, tanto a contorna do ximnasio como o do patio cuberto permaneceron valados. Nos próximos días, comezarase a retirada do material de obra do patio mentres se acometen melloras de acondicionamento exterior e nos accesos.
 
A obra, que está previsto que logre unha redución en consumo enerxético do 30 % no gasto corrente, inclúe a substitución de todas as cubertas dos diferentes edificios que compoñen o centro por unhas novas de panel tipo sándwich, a renovación de canlóns e baixantes correspondentes. 
Para mellorar a sensación térmica, renovouse case a totalidade da carpintaría exterior do centro educativo, colocando unha nova con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, incluídas as persianas e as súas caixas; e cambiáronse as luminarias existentes, por un tipo LED, con equipos de regulación e detección do movemento.
A actuación incluíu o pulido do chan de terrazo, o pintado dos paramentos e a colocación de falso teito de la de roca con panel acústico no edificio de Infantil, despachos, almacéns e pavillón, entre outras zonas que carecían del ata agora.
 
0
0
0
s2sdefault