Concello de Sanxenxo - O PARQUE EMPRESARIAL DE NANTES ACOLLE ESTE SÁBADO O II CICLOCROSS CON DA ROMAÍÑA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un total de 400 participantes daranse cita na proba que  comezará ás 13:30 horas

O parque empresarial de Nantes acollerá este sábado, 20 de novembro, o II Ciclocross Con da Romaíña. Unha proba deportiva, organizada polo Club Corbelo en colaboración co Concello de Sanxenxo e a Federación Galega de Ciclismo, que concentrará a un total de 400 participantes de distintos puntos de Galicia e España a partir das 13:30 horas.

O circuíto que conta cunha lonxitude de 2,5 quilómetros modificouse este ano para conseguir que a competición fose máis vistosa para o público asistente con fortes pendentes, subidas e baixadas. As categorías, dividas en masculina e feminina, competirán en distintas mangas de cadete, junior, elite, máster 30, máster 40, máster 50 e máster 60.

Ademais dos trofeos entregaranse premios en metálico para a categoría Elite feminino e masculina: 1º Premio, 100 euros; 2º Premio, 60 euros; 3º Premio, 40 euros; 4º Premio, 30 euros e 5º Premio, 15 euros.

O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, visitou acompañado do presidente do Club Corbelo, Iván Pérez, a zona na que se celebrará a competición e que xa conta cos itinerarios delimitados. "O ciclismo conta cun gran número de seguidores no municipio e enriquece a nosa oferta deportiva que é cada vez máis ampla. Esta proba veu para quedar e a contorna é unha boa mostra da beleza do noso patrimonio natural", asegura Arosa. 

0
0
0
s2sdefault