Concello de Sanxenxo - O CONCELLO INICIA A DEMOLICIÓN DA CASETA EXTERIOR DA SUBESTACIÓN DE VILALONGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os traballos concluirán tras as festas do Nadal coa retirada de cascallos e da torreta eléctrica
 
O Concello de Sanxenxo iniciou esta semana, tal e como estaba anunciado, a demolición da caseta exterior da subestación eléctrica de Vilalonga. Os traballos está previsto que conclúan tras as festas do Nadal coa retirada de cascallos, da torreta eléctrica e do peche perimetral. A derriba desta edificación permitirá recuperar esta zona para os veciños e veciñas da parroquia xa que se ajardinará toda a superficie, instalarase unha marquesiña e habilitarase unha parada de autobús.
 
A saída desta caseta dunha das entradas á parroquia prodúcese grazas a un convenio de cesión de espazo de UFD Distribución Electricidade durante 99 anos, que é o período máximo legal permitido. Con este acordo coa empresa eléctrica, o executivo sanxenxino poderá converter a parcela nun espazo público, mellorar a seguridade viaria da rúa principal de Vilalonga e arrombar a imaxe da entrada principal ao núcleo urbano coa colocación dunha marquesiña, unha parada do bus e unha zona verde.
 
Esta mesma semana tamén concluía a demolición das edificacións do antigo colexio de Ou Tombelo en Noalla. Un inmoble que se atopaba en estado de ruína e non era posible a súa rehabilitación xa que a estrutura estaba moi danada. Nos próximos días, procederase á retirada de cascallo e á plantación de céspede para o goce dos veciños.
 
Ambos os edificios son dos anos 60 e a súa derriba contribuirá á mellora dos espazos municipais.
 
Non serán os únicos edificios que pasarán pola piqueta, o Concello ultima agora o proxecto para a escola unitaria do Casal que tamén se atopa en moi mal estado. Tras a demolición, recuperarase como espazo público.
 
0
0
0
s2sdefault