Concello de Sanxenxo - O SERVIZO DE EMERXENCIAS REALIZOU 605 INTERVENCIÓNS DURANTE 2021
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo concentrou 426 actuacións dos efectivos seguido de Poio (80), Meaño (30) e O Grove (21)

O servizo municipal de Emerxencias Sanxenxo realizou 605 intervencións durante 2021. Do total de actuacións, os incendios (100), os niños de velutina (100), os accidentes de tráfico (77) e riscos (135) concentran o groso das emerxencias.

Sanxenxo requiriu a intervención do servizo municipal ata en 426 ocasións durante o pasado ano, seguido de Poio (80), Meaño (30) e O Grove (21). Tamén se colaborou nunha ocasión en Ribadumia e outra, en Boiro. Os días nos que se rexistraron máis intervencións foron os fins de semana, de venres a domingo, onde se concentran unha media de 130 actuacións.

En canto á tipoloxía, as estatísticas de Emerxencias desagregan os incendios en urbanos (29), en vehículos (16), forestal sen vivenda (16) e en vivenda (4). Ata en seis ocasiones o servizo tívose que desprazar por falsas alarmas, en 8 casos por lume en mobiliario urbano, 7 de carácter industrial e 6 eléctricos en exterior. Dos accidentes de tráfico, 27 saldáronse sen feridos, en 7 houbo atrapados e en 43 rexistráronse feridos.

En riscos, Emerxencias realizou durante 2021 a retirada de 42 postes e cables, 21 limpezas de vía, 20 anegamientos, 18 retiradas de elementos estruturais e 12 de árbores e ramas. Ata en 50 ocasións, o servizo realizou tarefas de colaboración en distintas intervencións da Policía Local ou sanitarias.

En rescates, 18 realizáronse na contorna urbana (ascensores, vivendas...), 6 en espazo natural ou acuático e 9 en mariño. As intervencións con animais supuxeron 24 na estatística xeral. Durante o pasado ano, o servizo realizou tamén tarefas de asistencia de primeira necesidade a familias con Covid que así o demandaron, en total 17.

0
0
0
s2sdefault