Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONMEMORARÁ O 8-M CUNHA RUTA, UN BANCO POLA IGUALDADE E O SINAL TOLERANCIA CERO DE MUNICIPIOS CONTRA OS MALOS TRATOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O goberno levará ao próximo Pleno de marzo o V Plan de Igualdade e de Prevención de Violencia de Xénero

A conmemoración do Día Internacional da Muller comezará en Sanxenxo o vindeiro domingo 6 de marzo cunha Andaina pola Igualdade cun percorrido inaugurado en 2020 no que se lembrarán mulleres como Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Marcela Gracia e Elisa Sánchez, Isabel Barreto, Olimpia Valencia, María Áurea Rodríguez, Elisa Patiño, Urania Mella, María Luz Morales e Emilia Pardo Bazán que xa conta cun sinal cunha biografía explicativa. O punto de encontro para a saída será o Centro de Información ás Mulleres no edificio de Servizos Sociais en Portonovo. Nesa mesma localización, ás 10 horas inaugurarase o primeiro Banco pola Igualdade de Sanxenxo. A saída da ruta circular será ás 10:30 e discorrerá polo Miradoiro da Peixeira, Paseo de Silgar e a Praza dos Barcos, onde actuará o grupo tradicional Soalleira.

O martes 8 de marzo, Día Internacional da Muller, presentarase o novo sinal "Sanxenxo libre de Violencias Machistas" na rotonda de Fontoira coa que o municipio adquire os compromisos para formar parte da campaña de Antena 3 e Fundación Madrileña "Contra os malos tratos, tolerancia cero" á que xa están adheridos máis de 100 concellos españois. Como cada ano, no balcón consistorial colocarase a lona do 8-M e divulgarase o manifesto elaborado desde o CIM nas redes municipais.

V Plan de Igualdade
O Concello de Sanxenxo levará ao próximo Pleno ordinario de marzo o V Plan de Igualdade que permitirá durante este catro anos continuar desenvolvendo políticas de acción positiva en todos os ámbitos e en todas as áreas municipais. A estrutura do Plan recolle seis áreas de intervención cun total de 50 medidas de actuación, ademais de recoller a metodoloxía a seguir no seu proceso de elaboración, o procedemento de avaliación para coñecer o grao de execución de cada unha das medidas de actuación programadas.

Os obxectivos do plan son incorporar a perspectiva de xénero en todas as actividades e no conxunto de políticas que leven a cabo desde o Concello; erradicar a violencia contra as mulleres a través da prevención, sensibilización e asistencia e apoio ás vítimas en coordinación cos diferentes axentes locais; promover a inclusión de valores educativos, culturais e deportivos igualitarios na cidadanía; mellorar a presenza e a participación social das mulleres en todos os ámbitos; favorecer a inserción laboral das mulleres e mellorar a conciliación da vida persoal e laboral, así como mellorar a calidade de vida das mulleres mediante a promoción da saúde e a creación de hábitos de vida saudables.

Descargas:
Download this file (cartel prensa 179 x 250 rgb (1).pdf)[PDF] ACTOS 8M [ ]
0
0
0
s2sdefault