Concello de Sanxenxo - O CONCELLO INICIARÁ A PRÓXIMA SEMANA O DESMONTE INTERIOR DO VELLO MERCADO COMO PASO PREVIO Á DERRIBA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os traballos de demolición terán un custo de 48.000 euros. Os técnicos ultiman a revisión das vivendas e baixos lindeiros

O vello mercado de Sanxenxo xa está valado e listo para o inicio dos traballos previos á derriba da estrutura exterior do edificio. Nos últimos días procedeuse á canalización das distribucións eléctricas e de telefonía, pero será a próxima semana cando dea comezo o desmonte do interior das instalacións coa retirada de cristaleiras, portas, enreixados... Unha vez concluídos estes traballos darase comezo á demolición do vello mercado construído en 1950.

Mentres se realizan estes traballos interiores que non afectan á estrutura, está previsto que conclúa a revisión do estado actual das vivendas e baixos lindeiros encargada polo Concello para realizar a derriba con todas as garantías. A previsión é que nas próximas semanas xa non quede nin resto do edificio na parcela.

O novo mercado ten un orzamento de execución superior aos catro millóns de euros. A opción preferente do goberno para o financiamento do mercado son os fondos europeos xa que o proxecto obtivo unha boa puntuación. En calquera caso, o goberno xa mantivo contactos con outras administracións.

O proxecto gañador do concurso de ideas para reformar edificio do mercado de abastos por Sanxenxo foi elaborado polo arquitecto Toni Bosch Miquel, do estudo de arquitectura Gemma de Lleida. A proposta ofrece un deseño translúcido e sustentable, cun modelo enerxético bioclimático e funcional que contará con amplos espazos diáfanos adaptables a distintos usos.

A primeira fase construtiva do novo mercado está previsto que sexa a execución do paso inferior na Rúa Madrid que se iniciará na confluencia con Rúa Panadeira e que concluirá uns metros antes da glorieta da Florida. Isto axudaría a reducir nesta primeira fase o tráfico rodado superior que culminaría coa urbanización e humanización da contorna unha vez rematada a nova praza de abastos. Este paso serviría tamén como acceso ao novo aparcadoiro subterráneo incluído no proxecto.

0
0
0
s2sdefault