Suporá un investimento total de 264.757 euros, 258.272 euros achegaraos a Deputación de Pontevedra e 6.485 euros con fondos municipais
O Concello de Sanxenxo reforzará a partir deste mércores o seu persoal cun total de 42 persoas, a través do Plan Concellos 2022, o que supón un incremento de tres efectivos máis que en 2021. Os traballadores repartiranse polos ámbitos municipais de servizos administrativos, parques e xardíns, limpeza de praias e espazos públicos. Concretamente empregaranse a 39 peóns, cun contrato de 5 meses de duración e a 3 auxiliares administrativos, cun contrato de 6 meses de duración para Rendas, Urbanismo, Padrón e Catastro
Dentro dos servizos administrativos, os traballadores realizarán, entre outras, tarefas de atención cidadá de carácter informativa de servizos, organismos e funcionamento do Concello, domiciliación de impostos, notificacións, trámites catastrais, certificados de empadroamento, modificación de datos, así como outras materias relacionadas coa xestión de arquivo de documentos.
O contrato dos 42 traballadores suporá un investimento total de 264.757 euros, 258.272 euros achegaraos a Deputación de Pontevedra e 6.485 euros con fondos municipais.
O plan de emprego incluído na liña 3 do Plan Concellos é unha medida que permite a contratación de persoas desempregadas do municipio, que non estean a recibir prestacións e poidan ter así unha oportunidade de adquirir experiencia laboral que facilite a súa futura inserción no mercado de traballo.
SANXENXO REFORZARÁ A PARTIR DESTE MÉRCORES O SEU PERSOAL CON 42 NOVOS TRABALLADORES DO PLAN CONCELLOS

powered by social2s