Concello de Sanxenxo - PORTONOVO ACOLLERÁ A FEIRA DE ARTESANÍA, ENTRE O 15 DE XULLO E O 31 DE AGOSTO, NO PASEO DE BALTAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Turismo de Sanxenxo concederá unha autorización administrativa mediante concurso para a organización, xestión e explotación da cita

O goberno local levará ao consello de administración de Turismo de Sanxenxo de mañá as bases do concurso que se convocará para a autorización administrativa necesaria para a organización, xestión e explotación da Feira de Artesanía de Portonovo. Unha proposta baseada nos produtos de proximidade e de elaboración personalizada con obxectos únicos e de calidade que supoñan un reclamo turístico que non leve unha competencia para o comercio local.

A Feira de Artesanía desenvolverase nunha superficie aproximada de 900 metros cadrados no Paseo de Baltar dará comezo o 15 de xullo e manterase ata o 31 de agosto. O horario será de 18 horas a 1 da madrugada e será ampliado os fins de semana con horario matinal, de 12 a 14 horas.

Nos criterios de valoración das propostas concederase ata 50 puntos, máxima puntuación, á memoria organizativa e descritiva das actividades, así como os materiais e casetas que se vaian a utilizar ou a vixilancia do espazo, así como o mecanismo de selección de artesáns. Con ata 30 puntos, avaliarase a experiencia en organización, xestión e desenvolvemento das feiras e eventos de artesanía. Con 10 puntos valorarase a disposición de páxina web, blog ou perfil social onde se faga referencia expresa á actividade de artesanía e organizacións de eventos de artesanía.

Os expositores da feira deben dispor dun carné de artesán en vigor expedido pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo ou doutra comunidade de acordo coa lexislación vixente, dispor de produción propia para atender a demanda prevista durante a feira. As bases recollen de forma expresa a prohibición de venda de alimentos e a revenda de produtos.

0
0
0
s2sdefault