Concello de Sanxenxo - O ALUMNADO DO CENTRO DE ARTE REALIZA UNHA EXPOSICIÓN DAS SÚAS OBRAS NA SALA NAUTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un total de 16 alumnos do Centro de Arte municipal exporán as súas obras na Sala Nauta, situada no porto deportivo Juan Carlos I. A mostra inaugurarase o vindeiro sábado, 25 de xuño, ás 18:30 horas, e permanecerá aberta ata o 10 de xullo. Trátase de pinturas realizadas ao longo de todo o curso en óleo, acrílico e acuarelas. Tamén haberá debuxos en carbón e lapis.

Os cadros pertencen a Ana García Murias, Ángel Casco, Angélica Conde, Concha Daviña, Carmen Fernández, Inés García, Estrela Gazapo, Pilar Martínez, Mary Mouriño, Begoña Mouriño, Rocío Nieto, Ángeles Nieto, Silvia Otero, Marga Outón, Manuel Rial e Raquel Vilar.

0
0
0
s2sdefault