Concello de Sanxenxo - SANXENXO RECOLLE EN MADRID 12 Q DE CALIDADE PARA AS SÚAS PRAIAS E AUDITARÁ 4 NOVAS PRAIAS ESTE VERÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, recolleu os distintivos dos areais e o do porto deportivo municipal Juan Carlos I

O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, recolleu en Madrid as 13 bandeiras da Q de Calidade, outorgadas polo Instituto para a Calidade Turística Española ás Praias (ICTE), que avalan a calidade turística da Lapa, Areas, Areas Gordas, Baltar, Canelas, Caneliñas, Major, Montalvo, Panadeira, Silgar, Foxos e Pragueira, así como do porto deportivo municipal, Juan Carlos I.


O acto celebrouse na Secretaría de Estado de Turismo onde se repartiron os diplomas dos certificados da Q de Calidade na chamada 'Noite Q', presidida pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e o presidente do ICTE, Miguel Mirones.
Este recoñecemento certifica aspectos como as condicións hixiénicas das praias e as súas instalacións, o control dos chiringuitos, os servizos de seguridade e primeiros auxilios, a oferta de lecer e a información facilitada aos turistas, entre moitos outros como a accesibilidade.
Sanxenxo suma desde 2014 praias que cumpren cos requisitos esixidos para obter a 'Q' de calidade. De feito, a oficina de Turismo foi a primeira entidade municipal deste tipo en lograr este distintivo


Obxectivo
O obxectivo que se marca o Concello de Sanxenxo para o próximo ano é seguir crecendo en distintivos de calidade. Este verán someterá a auditoría catro novas praias: Area de Agra, O Espiñeiro, Bascuas e Paxariñas.

0
0
0
s2sdefault