Concello de Sanxenxo - A HUMANIZACIÓN DA PO-308 AO SEU PASO POR PORTONOVO SAE A LICITACIÓN POR 2,3 MILLÓNS E UN PRAZO DE 15 MESES PARA A SÚA EXECUCIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Xunta financiará o 70 % do custo da actuación e o Concello o 30 % restante para transformar o núcleo da actividade comercial da vila

O Concello de Sanxenxo acaba de sacar a licitación o proxecto de humanización da PO-308 ao seu paso por Portonovo por 2.328.775 euros e un prazo de execución de 15 meses. A actuación suporá unha profunda mellora do corazón comercial da vila portonovesa. A Xunta financiará o 70 % do custo da actuación e o Concello o 30 % restante para transformar o núcleo da actividade comercial da vila.

A obra centrarase nun tramo de 810 metros e o obxectivo é conseguir que nesta vía gañen protagonismo as persoas fronte aos vehículos. Para iso, delimitaranse os espazos, habilitando un tramo peonil accesible dun ancho mínimo de 2 metros, zona de tráfico cun carril para cada sentido, aparcadoiro en ambas as marxes e zonas de carga e descarga, así como espazos de descanso con xardinaría para a súa humanización. Para contribuír a reforzar a seguridade viaria e facilitar a fluidez do tráfico, o proxecto contempla habilitar dúas glorietas, unha de 23 metros de diámetro e outra de 27,5 metros, na intersección coa Rúa Areal e no cruce da Perla.

O proxecto tamén inclúe a renovación dos servizos coa instalación das canalizacións subterráneas para o cableado de telefonía e para a electricidade que substituirán os actuais tendidos aéreos e a renovación das redes de abastecemento, saneamento, pluviais e de iluminación pública.

A execución da obra realizarase en 5 fases, de modo que as afeccións ao tráfico e á circulación peonil da rúa sexan as mínimas posibles:

  • Nunha primeira fase exponse traballar no tramo da estrada que vai desde a glorieta  situada nas inmediacións da praia de Baltar ata a intersección da Praza de Abastos, nun tramo duns 270 metros de lonxitude.
  • Nunha segunda fase, proponse traballar entre o tramo que vai desde a intersección situada ao Norte da Praza de Abastos ata a chegada á intersección da PO-308 coas Rúas Benitiño, Vista Alegre, a Avenida Areal e a Travesía Areal, nun tramo duns 150 metros de lonxitude.
  • Unha vez terminada a fase 2 procederíase á execución da fase 3, no tramo da PO-308 situado entre a intersección do P.K. 19+380, onde finalizou a fase 2 ata a chegada á futura glorieta do P.K. 19+570, na intersección da PO-308 coas rúas As Barreiras e a Perla, nun tramo duns 180 metros de lonxitude.
  • Esta fase discorre en torno ao tramo situado entre a glorieta da Perla e o final da actuación.
  • Esta fase comprende os labores de xardinaría, colocación de mobiliario urbano e varandas, colocación de sinalización vertical e horizontal. Ademais, exponse a execución da capa de rodaxe da totalidade da calzada nunha soa fase e o pintado das marcas viarias

O proxecto contempla actuacións en materia de paisaxismo que incidirán de maneira directa, mellorando a apreciación do mesmo por parte dos usuarios da rúa. No referente ao arboledo, decidiuse utilizar Koelreuteria paniculta de 25-30 centimetros de perímetro, ademais do xénero Prunus. Coa finalidade de ofrecer unha visión con contrastes cromáticos, vanse a dispor de tres tipos de roseiras arbustivos de distintas cores.

0
0
0
s2sdefault