Concello de Sanxenxo - 112 FAMILIAS VANSE A BENEFICIAR DA GRATUIDADE DAS DÚAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As escolas infantís teñen un custo anualde 567.000€, o que supón un incremento de 119.000€ anuais con respecto ao último curso.

112 familias, 14 máis que o ano pasado,inscribiron aos seus fillos nas Escolas Infantís Municipais. Este ano, por primeira vez, van ser gratuítas. Hai inscritos 35 nenos na escola infantil do Tombo(Sanxenxo) e 67 nenos no Revel (Vilalonga). O único servizo polo que terán que pagar entre 17 e 74 € mensuais, dependendo dos seus ingresos, é o comedor.Aínda que só unha parte das familias solicitaneste servizo.

As dúas escolas municipais de Sanxenxo ofrecen un servizo de alta calidade, polas súas instalacións, o persoal cualificado, as actividades que se programan e a atención dos nenos en aulas diferenciadas por idades (0-1, 1-2 e 2-3 anos)garanten ás familias que os seus fillos reciben os mellores coidados e atencións.

Precisamente co obxectivo de manter estes estándares de calidade recentemente mellorouse a concesión deste servizo, o que supuxo un incremento do gasto anual de 119.000€. Dos 448.000€ anuais que contemplaba a anterior concesión aos 567.000€ que establece a nova prestación. As axudas que o Concello recibe da Xunta non superan os 90.000€ polo que o orzamento municipal soporta máis do 80% de sucoste.

O centro de día, o SAF, nestes momentos en licitación cun incremento do gasto anual de máis de 200.000 €, as escolas infantís e o resto dos servizos sociais converten a Sanxenxo nun referente de política social cun gasto de 126€ por ano e habitante. O normal é que de Sanxenxo se destaquen as súas calidades e capacidades turísticas, pero os seus veciños son coñecedores da calidade de servizos como o que prestan as escolas infantís,das que desde a súa apertura beneficiáronse máis de 1.400 familias de Sanxenxo.

0
0
0
s2sdefault