Concello de Sanxenxo - SANXENXO HOMENAXEARÁ O 8-M A MULLERES INSPIRADORAS DO MUNICIPIO CUN "SPOT" COMO RECOÑECEMENTO PÚBLICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A proxección terá lugar nun acto no Pazo de Emilia Pardo Bazán

Sanxenxo homenaxeará o próximo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a mulleres do municipio que teñan unha traxectoria vital que sirvan como fonte de inspiración e de superación cun "spot" como recoñecemento público.

O Centro de Información á Muller xa iniciou a procura nas distintas parroquias, pero as persoas que o desexen poden tamén enviar as súas propostas para ser estudadas a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. No asunto deberá figurar "Muller Inspiradora" e no correo deberase explicar brevemente os motivos da elección.

O vídeo será gravado con cada unha das mulleres en lugares de referencia da súa parroquia natal e proxectarase nun acto que terá lugar no Pazo de Emilia Pardo Bazán o 8-M. A actriz e cómica Jasmín Abuín encargarase de pechar o acto cun monólogo sobre igualdade.

Na entrada do Pazo poderase desfrutar dunha mostra con 30 fotografías en tamaño A3 de mulleres no seu traballo diario realizadas por membros da asociación Ollares de Portonovo. A intención é que a mostra se faga itinerante por distintos espazos públicos e centros de ensino municipais.

Día da muller e a nena na ciencia
A programación do 8-M chegará aos colexios coa celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia para dar a coñecer a través de experimentos a científicas galegas. A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos na que se abordará de maneira lúdica as achegas á comunidade científica de Ángeles Alvariño, Ramona Vaamonde ou Begoña Vila Costa.

0
0
0
s2sdefault