Concello de Sanxenxo - SANXENXO REVALIDA O SEU TÍTULO DE MUNICIPIO ESPAÑOL CON MÁIS SENDEIROS AZUIS EN 2023
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



O Concello prevé presentar a candidatura da Ruta de Dorrón, unha vez que os traballos estean concluídos

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, acudirá o próximo 24 de febreiro ao acto de entrega de Bandeiras de Sendeiros Azuis en Santiago. O municipio mantén o liderado no número sendeiros con esta certificación de España ao contar con algo máis de 30 quilómetros con este distintivo en sete rutas. Un xurado de máis de 20 profesionais e expertos nacionais e internacionais encargáronse de verificar os criterios para a concesión dos distintivos. O programa de sendeiros azuis da Adeac traballa por un turismo responsable, saudable e informado para lograr o desenvolvemento sustentable e responder os retos climáticos actuais.

Sanxenxo inaugurou con 4 rutas a súa listaxe de Sendeiros Azuis en 2017: O de Sanxenxo-Portonovo, que transcorre entre os dous núcleos e ten unha lonxitude de 8,61 km; o de Canelas-Punta Cabicastro, que vai desde o extremo máis oriental da praia ata os cantís e mide 3,35 km; o de Montalvo-Major, que une ambos os areais pola costa e ten unha lonxitude total de 6,45 km, e o carreiro máxico da Lanzada, que vai desde a praia de Foxos ata A Lapa e unha lonxitude de 3,03 km. En 2018 sumáronse dous novos, o Carreiro Litoral Areas-Punta Festiñanzo, entre Areas e o punto máis ao sur, Punta Festiñanzo, con 1,5 km de percorrido, e o de Paxariñas e Montalvo, que transcorre entre as dúas praias e ten unha lonxitude de 3,35 km. En 2022 sumou a súa primeira ruta polo interior, a de Aldariz, con 6.300 metros, unha nova posibilidade que presentou o programa da Adeac que ata ese momento só admitía sendeiros que transcorresen por praias ou portos con Bandeira Azul.

O Concello de Sanxenxo márcase novos retos e quere seguir ampliando esta cifra de sendeiros co da Ruta de Dorrón, unha vez que estea concluída. O obxectivo é poder incluíla no programa de 2024 e presentar a candidatura este mesmo ano. Sanxenxo tamén ostenta, polo momento, o liderado español en bandeiras azuis con 17 praias, pero o fallo do xurado da Adeac para este ano fallarase máis adiante.

0
0
0
s2sdefault