Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONCLÚE TRES IMPORTANTES OBRAS DE HUMANIZACIÓN EN NANTES, SANXENXO E PORTONOVO POR 1,4 MILLÓNS DE EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, xunto aos deputados Santos Héctor e Gregorio Agís visitaron a mellora da contorna do colexio de Portonovo e as humanizacións da Rúa Unión e o viario de Vinquiño-Contumil

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, visitou, acompañado dos deputados provinciais Santos Héctor e Gregorio Agís, as obras de humanización do viario de Contumil (287.277 €) e a rúa Unión (337.713 €), financiadas a través do Plan Concellos, e a mellora da contorna do colexio e mercado de abastos de Portonovo, financiada co Plan Deporemse e fondos municipais (500.000 € +333.600 €). Á visita acudiron tamén a concelleira de Planificación Territorial, María Deza; o edil de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro; e de Medio Ambiente, Juan Deza, así como os concelleiros do PSOE, Ainhoa Fervenza e os edís de SAL, Yago Torres e do BNG, Francisco Leiro. As tres actuacións que se sitúan en tres parroquias diferentes suman 1.458.590 euros.

O alcalde, Telmo Martín, destacou a transformación que supoñen as tres actuacións visitadas, sinalando que no caso da realizada en Portonovo "non ten nada que ver co que había antes". Destacou tamén a importancia da mellora do viario de Vinquiño-Contumil "na calidade de vida dos veciños" e a intervención na rúa Unión, "que se atopaba nun estado lamentable a pesar da súa situación no centro urbano do municipio". O rexedor agradeceu o apoio da Deputación para poder levar a cabo os proxectos presentados polo Concello "cumplindo os seus parámetros, que non son outra cousa que gañar espazo para as persoas; iso é o que estamos facendo" coa continua colaboración entre ambas as administracións. "é bo que as institución colaboremos entre nós ao marxe das cores políticas. Sanxenxo mantén unha boa relación tanto coa Deputación como coa Xunta ou goberno de España e iso permítenos sacar adiante proxectos en conxunto".

Pola súa banda, o deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, quixo subliñar a calidade das actuacións realizadas. No caso das executadas na contorna da rúa Areal e Espiñeiro co financiamento do DepoRemse destacou que "é unha obra de vangarda na medida en que se axusta aos parámetros e á filosofía deste extraordinario plan de recuperación do espazo público, creación de contornas peonís, accesibilidade universal e iluminación sostible, e que pon en valor este espazo tan concorrido, no que se atopan ou mercado e ou colexio". Neste sentido, felicitou ao Concello por apostar por este tipo de intervencións, como as realizadas tamén a través do Plan Concellos que "supuxeron unha transformación en zonas que requirían unha actuación importante". "É un pracer traballar co Concello nestas iniciativas que compren co nivel de esixencia que temos desde a Deputación nestas intervencións e que contribúen á mellora das contornas, tendo sempre presente a importancia de que as persoas son o primeiro e a seguridade peonil é fundamental", sinalou

0
0
0
s2sdefault