Concello de Sanxenxo - A PRAIA DE BALTAR VOLVE A CONVERTERSE EN EPICENTRO DO DEPORTE AO AIRE LIBRE ESTE VERÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, e o organizador de Verán Deportivo, Guillermo Janeiro, presentaron a programación Sanxenxo 

A praia de Baltar volverá converterse, un verán máis, en epicentro do deporte ao aire libre con ata 8 campionatos. O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, presentou  a programación xunto ao organizador de Verán Deportivo, Guillermo Janeiro e deportistas das distintas disciplinas como Marta González (vóley praia), Nacho Garrido (tenis praia) e Santiago Iribarren (futevolei). “Este é o terceiro ano que Baltar volve contar con este espazo deportivo que funciona moi ben e, proba diso, é que está en uso ao longo de todo o día. Estas competicións veñen completar unha intensa programación deportiva no municipio con diferentes disciplinas”, explicou Marcos Guisasola.

A actividade dará comezo este sábado co campionato galego de vólei praia federado nas categorías masculina e feminina. O domingo dará paso ao vólei praia amateur nas categorías feminina, masculina e mixta. O 22 de xullo, a praia de Baltar acollerá o campionato de futevolei. Este ano estréase unha programación especial para os máis novos de 9 a 16 anos. O 22 celebrarase un campionato de futevolei de categoría kids; o 25 de xullo celebrarase un campionato de vólei en categorías infantil e cadete e o 29 e 30 de xullo, un campionato de fútbol nas categorías sub10 e sub12. Xa en agosto, o día 12, o areal servirá como escenario dun campionato de vóley 3 por 3 en categoría mixta. O 19 e 20 de agosto celebrarase un torneo de tenis praia federado en categorías masculina e feminina.

 
0
0
0
s2sdefault