Concello de Sanxenxo - A POLICÍA LOCAL DE SANXENXO RECOLLEU UN TOTAL DE 367 OBXECTOS PERDIDOS ESTE VERÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Entre os artigos extraviados atópanse bicis, teléfonos, drons, chaves e documentación
 
A Policía Local de Sanxenxo recolleu este verán un total de 367 obxectos perdidos. Algúns deles xa puideron ser devoltos aos seus propietarios, 156, o resto continúan en dependencias policiais á espera dos seus donos. Entre os artigos extraviados atópase unha bici de paseo, varios teléfonos móbiles, chaves, DNI, pasaportes e mesmo unha canoa que se almacenan na xefatura de Miraflores. Alí permanecerán ata un máximo de 24 meses antes de destruílos ou doalos a algún colectivo social. Este balance de perdas corresponde ao período do 15 de xuño ao 31 de agosto que é cando o municipio recibe un maior número de persoas e cando as perdas acrecéntanse. E son precisamente os lugares de maior confluencia de xente os puntos quentes dos descoidos como o Paseo de Silgar, os areais, o porto deportivo, o casco antigo de Portonovo…
No caso dos teléfonos móbiles déixanse acendidos o máximo tempo posible e na maioría dos casos son os propios propietarios quenes chaman para recuperalos, pero non se entregan mentres non marcan o contrasinal que demostra que é seu. No caso da documentación, a entrega é xa inmediata e, no caso, de que a persoa xa non se atope en Sanxenxo envíaselle por correo. Polo xeral, se alguén se dá conta da perda recorre á Policía Local chamando ao teléfono 986 727 072, se hai algún obxecto coas características indicadas acoden á xefatura para realizar a comprobación e recuperalo. Con todo, aínda son frecuentes as perdas de bolsos de viaxe con roupa e mesmo móbil que non é reclamado polo seu dono nin tampouco consta como denuncia por roubo. As chaves de coches é outra das perdas clásicas durante o verán así como complementos de marca como bolsos, carteiras, lentes (graduadas) ou llaveros.
0
0
0
s2sdefault