Concello de Sanxenxo - O INICIO DA OBRA DA PRIMEIRA FASE DO MERCADO DE SANXENXO OBRIGA A REORGANIZAR O TRÁFICO NA CONTORNA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O acceso a un tramo da Rúa Madrid, desde o antigo cinema ata a Pastelería A Ponte, restrinxirase a garaxes e servizo de carga e descarga
 
Os traballos da primeira fase do mercado de Sanxenxo, na que se inclúe a construción dun paso inferior e un aparcamento nun tramo da Rúa Madrid, así como unha praza, arrincan mañá propiciando, desde primeira hora, unha reorganización do tráfico na contorna. O acceso peonil estará garantido mediante itinerarios delimitados, do mesmo xeito que as entradas a garaxes e o servizo de carga e descarga dos negocios que se atopan situados na zona. Os vehículos que descendan desde a Rúa Panadeira estarán obrigados a virar á dereita ata o cruzamento con Rúa Cesteiros onde se mantén o sentido do tráfico habitual, de subida a Rúa Progreso.
No tramo de saída á rotonda da Florida habilítase unha entrada e saída só para garaxes. Os traballos centraranse os primeiros días na parcela do antigo edificio do mercado de abastos coas escavacións e conexións de canalizacións. Paralelamente, comezarase a retirar o empedrado das beirarrúas e ao desmonte de farois e sinais. A empresa adxudicataria das obras está a realizar un estudo de gretas e danos dos edificios lindeiros á obra que será complementario ao xa realizado cando se efectuou a derriba do vello mercado. Unha vez concluído, procederase, a través de pilotadoras, a executar un muro perimetral que irá a cinco ou seis metros de profundidade. Unha vez que se conclúa o levantamento dos 280 metros lineais de obra procederase ao baleirado de todo o ámbito de actuación.
0
0
0
s2sdefault