Concello de Sanxenxo - O PRIORATO DE ARRA ACOLLERÁ UN TALLER DE AROMATERAPIA E MINDFULNESS GRATUÍTO CON INSCRICIÓN PREVIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Priorato de Arra acollerá un taller de aromaterapia e mindfulness os próximos 2, 6, 7 e 8 de novembro de 19 a 21 horas. A actividade enmárcase dentro da programación de “Sanxenxo. Concello libre de violencias machistas” impulsado desde as concellerías de Servizos Sociais e Educación. Os interesados deberán inscribirse no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. a través da seguinte folla de inscrición: https://docs.google.com/forms/d/1JvBSgD4LpUtXsDPnWKPiiQ56yHG5Rgrsy7iskvjeleg/edit.

Hai dispoñibles un total de 15 prazas gratuítas. A selección dos participantes realizarase por rigorosa orde de anotación. Cumprimentar a inscrición non garante obter praza, as persoas admitidas recibirán un correo electrónico de confirmación.

0
0
0
s2sdefault