Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PRESENTA AO GALP UN PROXECTO PARA EFECTUAR MELLORAS NA PRAZA DE ABASTOS DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 A concelleira de Economía, Facenda e Persoal, Paula Martínez, solicitou as demandas dos vendedores do mercado
 
O Concello de Sanxenxo presentou esta semana un proxecto para efectuar melloras na praza de abastos de Portonovo á liña de axudas do GALP. A concelleira de Economía, Facenda e Persoal, Paula Martínez, solicitou as demandas dos vendedores do mercado e a memoria de actuacións previstas rolda os 44.000 euros. O Concello busca con este investimento mellorar a eficiencia enerxética e a visión dos produtos a través da instalación de luces led no interior do mercado. Ademais, co obxectivo de conseguir unha presión óptima e un consumo racional da auga realizaranse instalacións individualizadas nas bancadas centrais do mercado. A axuda tamén se empregará na divulgación das actividades da praza na comunidade escolar, así como os visitantes e turistas que acoden a Sanxenxo durante os 365 días do ano nas que se convidará a coñecer as vantaxes de comprar nunha praza fronte á venda en grandes superficies. Ademais, prevese a colocación de paneis informativos que poñan en valor a actividade. O edificio que conta con máis de 40 anos de antigüidade conta con sete postos de venda de verduras locais, dúas bancadas de marisco, nove de peixe, así como dous postos fixos de carnicería, catro de marisco, tres de peixe, un de produtos galegos, unha florería e un de pan. Dada a importancia que ten a actividade da praza na economía local, o Concello presenta este proxecto co que se busca incentivar a compra no mercado de proximidade.
0
0
0
s2sdefault