Concello de Sanxenxo - SANXENXO DESPEDIRÁ O ANO COA QUEIMA DE CALENDARIOS, O CHAPUZÓN SOLIDARIO E UN ESPECTÁCULO PIROMUSICAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo prepárase para despedir o ano cunha intensa programación. Se a meteoroloxía o permite, a xornada do 31 de decembro comezará coa Queima de Calendarios nun Fin de Ano Adiantado que organiza a Asociación Lúdica e Cultural O Cubreiro en colaboración co Concello na Praza Pascual Veiga. A actividade dará comezo ás 11:30 horas cunha charanga para ir creando ambiente festivo e ás 12 comezarán a soar as badaladas. Lacasitos, gusanitos, uvas, pasas... cada un pode traer o que considere para cumprir coa tradición. Iso si deben ser 12 e deben comerse ao ritmo de cada badalada. Non faltará a queima de calendarios de 2023 para dar a benvida ao 2024.

A praia de Silgar será a partir das 17 horas o escenario perfecto para o Chapuzón Solidario. Unha iniciativa da Asociación Aladina coa que se recadan fondos para a investigación do cancro infantil. Os que o desexen poden colaborar coa compra de rifas o propio día e, á súa vez entrar nun sorteo de premios, ou facelo a través desta ligazón: aladina.org/crowfunding/un-chapuzon-solidario-2. Trátase de pasar un intre divertido e, á vez, colaborar cunha causa solidaria. Os que se atrevan a darse o último baño de 2023 e veñan disfrazados poderán optar a un premio tanto en categoría infantil como adulta. A cita estará amenizada pola música de Marcos Sabor e cunha chocolatada.

E a guinda da xornada poraa o espectáculo de fogos artificiais que este ano virá acompañado de música a partir das 20 horas desde a Praza do Mar. Serán en total 11 minutos de espectáculo de luces e cores no ceo de Silgar con formas e figuras diferentes ao ritmo de variados temas musicais cos que se busca espertar os sentidos do espectador. Con esta actividade Sanxenxo porá o broche de ouro a 2023.

0
0
0
s2sdefault