Concello de Sanxenxo - O PARQUE EMPRESARIAL DE NANTES SEGUE CRECENDO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


Durante 2023 tramitáronse licenzas para ocupar 14 novas parcelas que suman unha superficie de 24.307 m2

O parque empresarial de Sanxenxo dispón de 259 parcelas para actividades económicas que suman unha superficie de 310.000 m2. A maiores, o Concello ten 15 parcelas, en tres delas iniciaranse nuns meses as obras da nova sede de servizos, policía local e emerxencias. Ademais, o parque ten outras catro parcelas que se destinaron a servizos xerais como a subestación eléctrica.
Actualmente entre as parcelas que xa teñen actividade, nas que se están construíndo as instalacións e sobre as que se tramita a súa licenza hai 68 parcelas ocupadas que suman 89.307 m2 de superficie.
Nas 14 novas parcelas que se van a ocupar destaca un centro comercial que ocupará cinco parcelas que suman 11.835 m2, polo que supera a maior superficie que ata agora ocupaba Mercadona con case 10.000 m2. Outra novidade é un ximnasio que ocupará catro parcelas que suman un total de 6.020 m2 de superficie. As cinco parcelas restantes destínanse a gasolineira, taller de carpintaría e dous almacéns.
O parque empresarial cumpre cinco anos desde a súa apertura, despois de máis dunha década paralizado por problemas coñecidos. Desde entón tivo un desenvolvemento constante e sostivo que está a contribuír aos bos datos de paro. En decembro do ano 2018 Sanxenxo tiña unha taxa de paro do 17,22%. Actualmente é do 7,44%, case 10 puntos menos. En palabras do alcalde "o parque empresarial está a cumprir o obxectivo que nos marcamos, ter un plan b económico que complementase a nosa principal actividade económica que é o turismo"

0
0
0
s2sdefault