O coloquio terá lugar este venres, ás 20:30 horas, e a entrada será libre até completar aforamento
Sanxenxo, 19 de marzo de 2024.- A Casa de Don Fernando acollerá este venres a charla-coloquio "Muller e violencia na Ría de Pontevedra nos séculos XVIII-XIX" impartida por José María Leal Bóveda, licencidado en Xeografía e Historia e investigar externo da USC. A cita que se enmarca dentro da programación do Día Internacional da Muller Traballadora está organizada polo Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo en colaboración co Concello de Sanxenxo.
Durante a charla repasarase o papel da muller na sociedade, a súa vinculación ao mundo privado e caseiro e á procreación e coidado dos fillos e o fogar. Tamén se abordará a necesidade do permiso varonil; pai, irmán, marido, para os actos xurídicos: transmisión de propiedades, herdanzas, permisos para emigrar... O control da sexualidade feminina e social, así como a violencia contra a muller nos documentos escritos, entre outras cuestións.