Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACONDICIONARÁ O PARQUE DE BALTAR E A CONTORNA DO MIRADOIRO DE CABICASTRO CUN INVESTIMENTO DE 96.455 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


Sanxenxo, 22 de abril de 2024.- O Concello de Sanxenxo acondicionará o parque de Baltar e a contorna do miradoiro de Cabicastro por valor de 96.455 euros. Ambas as actuacións inclúense dentro do proxecto "Posta en valor da Orixe de todos os Camiños Xacobeos: Camiño do Mar de Arousa e Río Ulla". O financiamento realizarase a cargo do Ministerio de Industria e Turismo, dentro do Plan Nacional de Sustentabilidade Turística en Destinos Xacobeos 2021, no marco do "Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia" (Financiado pola Unión Europea - Next Generation EU") a través da Mancomunidade do Salnés.


No parque de Baltar exponse unha ordenación que contribúa á integración da zona verde no espazo urbano no que se insere, entre cuxas características destaca ser lugar de paso da ruta do Pai Sarmiento. Para iso, e tendo en conta a contorna na que se localiza, considérase que debe ser un espazo púbico versátil que complemente aos espazos adxacentes (zona de sombra do parque de Skate, zona de xogos con chan flexible, zona de estancia e descanso vinculada ao paseo do litoral polo que se atopa trazada a ruta do Pai Sarmiento). Ademais, dotarase o espazo da iluminación adecuada e realizarase un profundo labor de xardinaría coa creación dun parterre e plantaranse novas especies arbóreas. Tamén se colocarán bancos.
O miradoiro de Cabicastro presenta na actualidade un elevado estado de degradación debido á presenza de vexetación invasora. Así se propón, definir un bordo do espazo natural que achegue seguridade e equipamento para o descanso dos visitantes para o que se expón un muro construído con mampostería cuxa altura non supere en 50 centímetros, á rasante do terreo. Tamén se reporá o panel descritivo do litoral.

0
0
0
s2sdefault